As oportunidades individuais dun gran proxecto colectivo


Despois dunha traxectoria onde acumulamos experiencia, coñecementos e sinerxias empresariais e aprendemos a detectar as necesidades de profesionais e empresas, poñemos en marcha o noso proxecto máis ambicioso. Ao redor deste proxecto crecerá un núcleo multiplicador de valor para empresas, directivos e especialistas nas materias máis determinantes dentro do escenario organizacional e produtivo actual.

EGADE (Escola Galega de Desenvolvemento Empresarial) é moito máis que unha Business School, nace coa intención de ir máis aló da formación superior. O desenvolvemento de liderado, así como o valor formativo no máis alto nivel para rangos de dirección, e as últimas novidades en novas tecnoloxías, estarán traballados e contextualizados en cinco escenarios: empresa, turismo e cultura, loxística, márketing e deporte. Todos eles son claves nun lugar con tanto potencial como o territorio galego e exportables a calquera ámbito internacional.

Como sucede en todos os ámbitos da vida, as sinerxias convértense nun escenario fundamental para crear oportunidades. Oportunidades que é importante, e case responsable, aproveitar. Isto é o que sucede coa creación de EGADE, a suma de diferentes factores e a unión do potencial individual para convertelo nun gran proxecto colectivo cun obxectivo prioritario: desenvolver o potencial profesional e empresarial de Galicia.

#ComunidadEGADE

O valor dun obxectivo común


Tanto os seus fundadores, quen representan a suma de inquietudes por dotar de valor cada proxecto que estamos a desenvolver, como os docentes e colaboradores, profesionais e empresas, ata os alumnos e clientes, quenes aproveitarán cada unha das oportunidades que EGADE poñerá en marcha a través das numerosas accións formativas e relacionais. Todos os que formamos esta comunidade sabemos que o gran valor que ten unha sociedade e o seu territorio é o desenvolvemento do potencial das súas organizacións.